Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros manifestamos o noso total desacordo coa decisión tomada polos responsables de Naturgy de clausurar a actividade do MAC. O Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF) contribuiu a facer da mesma un dos piares fundamentais do tecido cultural contemporáneo galego.
O sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 sairá: 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público.
Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 27 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).
A Asociación veciñal Oza - Gaiteira-Os Castros quere manifestar públicamnente o seu apoio e a sua solidaridade cos traballadores de Alcoa.
A Asociación veciñal chama a toda a vicindade da Gaiteira, os Castros, o Montiño, a Cubela, Casablanca, Montes e cada un dos rincós do noso barrio a PARTICIPAR ACTIVAMENTE no actos convocados polos traballadores de Alcoa
Dende a Asociación Veciñal “Oza” Gaiteira-Os Castros tratamos de botar unha man para mellorar o pequeno comercio do barrio, somos conscientes do peso deste sector dentro da economía e da súa importancia para a mellora da calidade de vida no barrio, e vemos con enorme preocupación as grandes dificultades polas que están a pasar.
Asociación Veciñal “Oza” Gaiteira-Os Castros, ante as eivas que ten o noso barrio no apartado de mobilidade instamos ao concello a ter en conta as nosas reinvicacións para solventar ditas eivas, polo que lles facemos un pequeno relatorio das principais a ese respecto:
O noso barrio conta cunha morea de escaleiras e de costas empinadas, e cunha poboación moi envellecida e con problemas de mobilidade, con dificultades para chegar ao centro de saúde, á oficina de correos, ao centro cívico ou mesmo para facer a compra diaria.
Na Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos loitando na defensa do Faro de Oza: 2009 (Manifesto en defensa da costa de Oza), 2013 (alegacións ao PXOM), 2014 (novo Manifesto en defensa da costa de Oza)... Reivindicando sempre o Faro de Oza como espazo público e cidadán, opoñéndonos a calquera tipo de privatización e solicitando o seu uso como espazo formativo e divulgativo da nosa cultura mariñeira.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »