Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos facer unha proposta sobre a Medusa sita no Muelle do Centenario:
MEDUSA
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apoia sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio a manifestación convocada para o diá 20 con saida ás 19h do Centro de Saúde da Casa do Mar que se pretenden mellorar sanidade pública de Galicia".
A Asociación Veciñal vén de iniciar unha colaboración coa Fundación Salma Galicia para a recollida de sinaturas de apoio, no noso barrio, a unha Iniciativa Lexislativa Popular por unha Lei Galega da Saúde Mental.
Ante o incremento de agresións violentas organizadas cara a persoas LGTBI, a AAVV Oza, Gaiteira Os Castros quere manifestar o seu compromiso na loita contra a discriminación por motivou de orientación sexual e de identidade de xénero.
A Asociación veciñal ante as información que sae na prensa de xuntanzas interadministrativas sobre o futuro do terreos do porto interior obervamos que A Coruña vai hipotecar parte da cidade para asumir o custo do porto exterior.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, Temos denunciar diversas deficiencias que nos ten transmitido a veciñanza, nesta ocasión estamos a falar de zona das Xubias :
Limpeza e saneamento: Colocación de máis contedores de lixo, papel e vidro para poder separar os residuos; instalar máis papeleiras e limpar a maleza para previr focos de infección e posibles lumes co risco que pode supoñer para as vivendas.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e fai un chamamento a veciñanza a participar o domingo 4 de Xullo as 12 horas con saida na Palloza por un Hospital Novo
para a área Sanitaria A Coruña-Cee
Na manifestación convocada
A Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC,
e a ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS “UXÍO CARRÉ”,
co apoio da nosa asociación veciñal
Este sábado 19 de xuño animamos a veciñanza a participar en Meirás da manifestación convocada pola Iniciativa Galega pola Memoria. Queremos un Pazo para o pobo e para a memoria. Agora tócanos desfrutalo.
A Asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros, ante o estado de deterioración que presentan a capela de Oza e as murallas da praia de Oza. Dende a Asociación instamos as administracións publicas súa rehabilitación, así como de uso que ten o antiga capela como recinto se uso social e cultural para disfrute dos veciños e veciñas do barrio. A igrexa románica de Oza que data do século XII .esta en estado de abandono
O concello a pedimento da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros instalo unhas varandas nas rúas José Luis Cereijo e rúa Cruce para facilitar a mobilidade. Pequenas obras que facilitan a mobilidade. Rúa Jose Luís Cereijo e rúa Cruce