Vostede está aquí
Recurso de Alzada contra a Planta de Residuos no peirao de Oza
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Catros rexistrou nos últimos días un recurso de alzada en contra da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para a empresa Limpoil, que xestiona no peirao de Oza unha planta de tratamento de residuos dos barcos,. ao carón de praias, das instalacións deportivas do Club ‘O Puntal’, da Ría do Burgo e de toda unha diversidade de bancos marisqueiros dos que dependen moitos de postos de traballo.
A Asociación considera que instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza, calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado
Hai espazos máis axeitados nos peiraos interiores, a maior distancia de zonas sensibles. En Oza conflúen o uso público, a produción marisqueira e a riqueza ecolóxica da Ría do Burgo, que xusto está en proceso de dragaxe para ampliar a sua capacidade produtiva”,
Un fallo técnico ou humano que provocase un derrame de aceite ou hidrocarburos en Oza tería consecuencias moi negativas, no ecolóxico e no económico. E precisamente a empresa responsable desta futura planta, Limpoil, ten antecedentes preocupantes por reiteradas verteduras de aceite á ría que motivaron sancións da Autoridade Portuaria entre 2002 e 2009 por “neglixencia grave”.
Como se lembra no noso recurso, as instalacións estarán a menos de 400 metros da praia de Oza, que en 2018 recuperou a Bandeira Azul e unha excelente calidade das auga,, e a menos dun quilómetro da praia de Santa Cristina.
Sitúase, tamén, ao carón das instalacións de náutica deportiva do Club ‘O Puntal’.
E xusto na boca da Ría do Burgo e os seus bancos marisqueiros, que se atopan xusto en proceso de dragado para recuperar a súa capacidade produtiva.
Non ten sentido poñer en risco estes usos.