Vostede está aquí

Quen somos?

Pode chamar: 981 298 122

Ou mandenos: http://www.redeoza.org/contacto

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros leva dende os años 70 loitando polo barrio, implicándonos cos problemas do/as veciños/as, denunciando a inxusticia e botando unha man na búsqueda de solucións, escoitando, falando e actuando.

Somos unha asociación veciñal que traballa para mellorar a calidade de vida do barrio , a través do traballo colectivo , tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e constructivo para comprender e mellorar a realidade do noso barrio.

Somos un grupo aberto a toda xente no barrio, que fomenta a participación e o debate. Unha asociación que toma as suas propias decisións de maneira democrática e transparente. Un grupo que busca colaborar co tecido das asociacións veciñais para unir forzas, axudando a implementar accións para mellorar do barrio.

Defendemos o traballo social para mudar as cousas, a xustiza social, a protección do medioambente, o desenvolvemento económico sostible , a colaboración como unha forma de facer as cousas , a protección e posta en valor do patrimonio e a potenciación da cultura e do idioma propio do pais.

Puxemos en marcha unha multitude de actividades para todos/as os/as veciños e veciñas do barrio, grazas o grupo de voluntarios e as persoas que traballan connosco. A forza da asociación é a todas estas persoas que decidan contribuir cunha parte do seu tempo a intervención social a través das actividades programadas durante todo o año.