Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Dende hai tempo, veciños e veciñas da Travesia da Gaiteira, vimos alertando dunha praga de ratas que supón un perigo para a saúde das persoas, propiciando a transmisión de enfermidades, e ocasiona graves prexuízos aos establecementos comerciais desa zona.
Asociación veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o 8 de marzo Día Internacional da Muller. Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Catros rexistrou nos últimos días un recurso de alzada en contra da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para a empresa Limpoil, que xestiona no peirao de Oza unha planta de tratamento de residuos dos barcos,.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos con moita preocupación como se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza, calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto no noso barrio como no conxunto da sociedade. Chamamos a combatela atallándoa desde as súas causas, e a aumentar todos os recursos de prevención para que no suceda.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos facer unha proposta sobre a Medusa sita no Muelle do Centenario:
MEDUSA
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apoia sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio a manifestación convocada para o diá 20 con saida ás 19h do Centro de Saúde da Casa do Mar que se pretenden mellorar sanidade pública de Galicia".
A Asociación Veciñal vén de iniciar unha colaboración coa Fundación Salma Galicia para a recollida de sinaturas de apoio, no noso barrio, a unha Iniciativa Lexislativa Popular por unha Lei Galega da Saúde Mental.
Ante o incremento de agresións violentas organizadas cara a persoas LGTBI, a AAVV Oza, Gaiteira Os Castros quere manifestar o seu compromiso na loita contra a discriminación por motivou de orientación sexual e de identidade de xénero.
A Asociación veciñal ante as información que sae na prensa de xuntanzas interadministrativas sobre o futuro do terreos do porto interior obervamos que A Coruña vai hipotecar parte da cidade para asumir o custo do porto exterior.