Vostede está aquí
Maio 2024
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha EXCURSIÓN A PORTUGAL O mercores, día 5 de xuño de 2024. Visitando a Feira da Fortaleza saindo ás: 8:00 na Asociación de Veciños (Rúa da Mercé, Nº56 - Baixo) e voltase ás 21:00. O prezo: 20,00 €. Información e reservas local da Asociación na rua da Merce , 56 baixo os xoves de 17:00 a 19:00
Na Coruña 9 maio de 2024
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai a proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.
A asociación vecinal Oza Gaiteira Os Castros fai un chamamento a particiar vindeiro domingo, 26 de maio haberá unha mobilización contra a instalación da planta de ALTRI que se celebrará ás 12:00 en Palas de Rei. O sindicato nacionalista e de Clase CIG pon un servicio de autobuses a dispor de quen queira asistir á mesma. IMPORTANTE: Para anotarse chamar á CIG a partir do luns 20.
Veciños e comerciantes da avenida de Oza, na rúa da Merced, quéixanse da invasión de moscas. Non é algo novo, levan anos cun número importante de insectos, pero isto non impide que sigan moi molestos coa súa presenza. Os bichos entran nos negocios e interrompen o paseo dos viandantes, solicitamos ao concello solucione este problema.
A Asociación veciñal ante as información que sae na prensa de xuntanzas interadministrativas sobre o futuro do terreos do porto interior observamos que A Coruña vai hipotecar parte da cidade para asumir o custo do porto exterior. "Vemos como se fala de renegociar a deuda para cubrir parte da débeda e pagar por un solo que xa é público.
- 1 of 2
- ›