Vostede está aquí
Proposta aos grupos municipais de unha Moción Planta Hidrocarburos
10/01/2023 - 14:48
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos con moita preocupación como se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza, calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado.
Polo que propusimos aos grupos municipais do Concello da Coruña secuden a mocion sobre a construción dunha planta de hidrocarburos no peirao de Oza proposta pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros .
Na que solicitamos :
- Amosar publicamente o rexeitamento á construción desta Planta de pre-tratamento de Aceites industriais e Hidrocarburos no Peirao de Oza da Coruña.
- Apoiar ás entidades veciñais e organizacións que xa se teñen posicionado en contra da construción desta planta e xa teñen presentado alegacións ao proxecto.
- Que o Goberno municipal se presente, diante dos procedementos administrativos correspondentes, como parte interesada, co obxecto de impedir a construción desta planta no peirao de Oza.
- Instar á Xunta de Galiza a desestimar e rexeitar a construción dunha planta de recepción e pre-tratamento de residuos xerados por buques, no Concello da Coruña, promovido por Limpeza Marítima de Óleos, S.L.U. Limpoil (clave do proxecto 2015/0167).