Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Dende a Asociación veciñal queremos facer un chamamento este 25N de 2019 a veciñanza e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións.
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros dirixímonos ao Concello para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.
Dende a nosa asociación consideramos que as prioridades dos terreos que compoñen a zona 2 do Plan de Transformación do Porto non pasan polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima.
Dende a nosa Asociación instamos ao concello a elaboración dun plan de mobilidade consesuado con tódolos sectores implicados , e se fale co movemento veciñal.
Un Plan de Movilidad Sostible define as actuacións necesarias, coa finalidade de garantir un equilibrio a longo prazo entre o uso do espacio púbrico, a conservación do medioambiente, e a mobilidade.
Os veciños do barrio denunciaron a falta de limpeza e falta de mantemento adecuado do do pequeno parque situado entre a rúa Ortigueira e a Avenida do Pasaxe.
A Asociación xa presentou unha reclamación no concello
Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio na Rúa José González Chas , 39 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).
Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio na Avenida de Oza , 158 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).
As administracións públicas deben garantir que os desprazamentos a pé sexan seguros, non só desde o punto de vista do contaxio, senón tamén da seguridade viaria.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »