Vostede está aquí
Borde do Litoral na costa de Oza
Esa agresión urbana, desde a instalación do Porto Petroleiro, fai por exemplo que os espazos de descargas de produtos maioritariamente contaminantes sen medidas adecuadas, os varadoiros privados, a zona de reparacións e fóndeos e as de embarcacións de recreo estean a rematar co perímetro costeiro natural , zona de rochas e areais, privatizando os espazos e alonxando a liña do mar dos cidadáns.
A contaminación ambiental esta a emporcallar as augas rematando coas zonas de baño, pesca e marisqueo.
De sempre a nosa Asociación Veciñal temos loitado con forza contra tales medidas agresivas, polo que supoñen de atentado manifesto á natureza da liña costeira, unha redución dos espazos de lecer cidadáns e un atentado a nosa saúde.
Polo que desde o noso colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros SOLICITAMOS ao concello da Coruña que xa que os veciños e veciñas asumimos os custos da conservación do espazo publico, a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal sexa en beneficio dos veciños do barrio e de toda a cidade coa ampliación da Praia de Oza á súa esquerda, no espazo valeiro dos antigos Astaleiros Valiñas.
Concretamos en:
- A conservación da contorna, reformando e aproveitando as instalacións, muelles e conservando o seu carácter industrial para uso náutico e de baño da cidade sen máis modificación.
- Conservación do patrimonio histórico (Faro de Oza, Capela de Oza, muralla e demais edificacións), revertindo o úso dos mesmos para fins sociais.