Vostede está aquí

Borde do Litoral na costa de Oza

Desde a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos que  desde hai anos a costa de Oza está a sofrir unha forte agresión tanto urbana coa construción desmedida coma industrial cun forte impacto de contaminación ambiental na zona.

Esa agresión urbana, desde a instalación do Porto Petroleiro, fai por exemplo que os espazos de descargas   de produtos maioritariamente contaminantes sen medidas adecuadas, os varadoiros privados, a zona de reparacións e fóndeos e as de embarcacións de recreo estean a rematar co perímetro costeiro natural , zona de rochas e areais, privatizando os espazos e alonxando a liña do mar dos cidadáns.

A contaminación ambiental esta a emporcallar as augas rematando coas zonas de baño, pesca e marisqueo.

De sempre a nosa Asociación Veciñal temos loitado con forza contra tales medidas agresivas, polo que supoñen de atentado manifesto á natureza da liña costeira, unha redución dos espazos de lecer cidadáns e un atentado a nosa saúde.

Polo que desde o noso colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros SOLICITAMOS ao concello da Coruña que  xa que os veciños e veciñas  asumimos os custos da conservación do espazo publico, a modificación do Plan  Xeral de Ordenación Municipal sexa en beneficio dos veciños do barrio e de toda  a cidade coa ampliación da Praia de Oza á súa esquerda, no espazo valeiro dos antigos Astaleiros Valiñas.

Concretamos en:

  • A conservación da contorna, reformando e aproveitando as instalacións, muelles e conservando o seu carácter industrial para uso náutico e de baño da cidade sen máis modificación.
  • Conservación  do  patrimonio histórico  (Faro de Oza,  Capela de Oza, muralla e demais edificacións), revertindo o úso dos mesmos para fins sociais.