Vostede está aquí
Abril 2024
Sinopse: Históricamente, a maioría das materias primas empregadas na industria e para o noso consumo extraíanse do noso pais. Pero hoxe en día unha grande parte dos materiales veñen de moi lonxe, de países do sur ou empobrecidos onde contaminar ou contratar a traballadores en precarias condicións é máis fácil.
Dende hai tempo, veciños e veciñas da Travesia da Gaiteira, vimos alertando dunha praga de ratas que supón un perigo para a saúde das persoas, propiciando a transmisión de enfermidades, e ocasiona graves prexuízos aos establecementos comerciais desa zona.
O proxecto Mulleres Na Rúa, que a Asociación ven realizando dende o ano 2022, ten como fin promover rúas da cidade da Coruña con nome de muller para fomentar actitudes favorables á igualdade de xénero a través da visibilización das mulleres coruñesas, sobre todo as do barrio Oza Gaiteira Os Castros que desatacan ou destacaron en diversos eidos da ciencia, a cultura, a historia, a música, etc.
Os días 23 e 24 de abril vai ter lugar na Coruña, no Palexco, un foro co que pretenden blanquear perante a sociedade galega o plan que tanto a Xunta como os diferentes lobbies e entramados empresariais teñen para o que dan en chamar reindustrialización, ‘La Galicia que viene’. Non deixa de ser un intento de lavado de cara para seguir co espolio que acometen contra o noso territorio.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Benvidas ao club e debate sobre Trátaa de persoas. Sinopsis: A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras, que antes soaban afastadas, ecoan coa forza do cotián baixo as luces de neón.