Vostede está aquí
Mulleres na rua
O proxecto Mulleres Na Rúa, que a Asociación ven realizando dende o ano 2022, ten como fin promover rúas da cidade da Coruña con nome de muller para fomentar actitudes favorables á igualdade de xénero a través da visibilización das mulleres coruñesas, sobre todo as do barrio Oza Gaiteira Os Castros que desatacan ou destacaron en diversos eidos da ciencia, a cultura, a historia, a música, etc. Traátarse dun proxecto de acción no que sensibilizamos a poboación a través de accións reais que xeran un impacto nas rúas á vez que sumamos na consecución das metas do ODS5: Lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e as nenas, así como do ODS11: acadar que as cidades e os asentamentos humanos sexan máis inclusivos, seguros, resilientes e sostibles. A nosa labor acaba de ser recoñecida co Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña.
Por este motivo hoxe recordamos a primeira solicitude ao Concello da Coruña que foi o cambio da Primeira Travesía da Gaiteira pola Rúa @MarisolSoengasGonzález nun acto realizado o pasado mes de outubro e que que podedes escoitar na nosa canle de youtube