Vostede está aquí

Charlas

Agruparanse todalas charlas e coloquios que se farán dentro da Asociación
 

O vindeiro Luns, 23 de Xaneiro terá lugar ó taller sobre "Cómo xestionar as emocións para ter unha vida mais sinxela", será ás 20h na Asociación Veciñal Oza gaiteira Os Castros situada na Rúa da Merced, 56 Baixo .
 

Guiados pola terapeuta e poeta  Begoña Picón e a Coach motivacional Isabel Aranda

Para máis información e para poder inscribirte podes contactar por whassap no teléfono: 639 039 932

21 de febreiro as 19 .00 na Biblioteca  do Forum Metropolitano  a a presentación do libro,  OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA .

Autor :Manuel Monge
 
Editorial: Edicións Lailovento  ISBN: 978-84-8487-473-7
 
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas

O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas. O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre mobilidade  e eliminación das Barreiras  arquitetônicas, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.

O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 24 de setembro  ás 19.30h sendo o moderador será o membro da directiva da Asociación: O Periodista Pepe Lorenzo. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar  no Forum Metropolitano o luns 6 de abril  a partir das 19:30. horas,  do documental da artista lucense Carmen Granxeiro " Benvidos ao club "  sobre o Caso Carioca .

Ademáis da proxección haberá pequeno coloquio posterior ao documental.

A entrada é de balde ata completar aforo .

 

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS XERAIS 2019

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS XERAIS 2019. Futuro da franxa litoral: De San Diego a As Xubia o día 30 de outubro de 2019 na Biblioteca de Forum as 19:00 horas

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: ‘Fóra’, o documental da loita contra ENCE o luns 4 de febreiro as 19:30

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: ‘Fóra’, o documental da loita contra ENCE o luns 4 de febreiro as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Documental no que se conta a história da loita contra a papeleira Ence na ría de Pontevedra

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:  Frankenstein 04155

7 de maio  de 2018 as 19:30 no Forum Metropolitano

Na Asociación veciñal imos ter un taller de memoria. O Taller será os luns de 11:30 a 12:30. Dito Taller comenzará 7 de maio, si se crea o grupo. Impartiranse no local da Asociación.

Na Asociación veciñal imos ter un taller de memoria. O Taller será os luns de 11:30 a 12:30. Dito Taller comenzará 7 de maio, si se crea o grupo. Impartiranse no local da Asociación.

Agradecemos o éxito participativo con máis de 50 asistentes na xornada de onte coa proxección : La Mar del Silencio e posterior debate aberto, e intenso, con Maika Beltrán  (Responsable de Oxfam Intermon en Galicia), espertando conciencias e abrindo cuestións que nos motivan ao cambio do noso modelo de consumo cara un desenvolvemento sostible e xusto.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário a Mar del Silencio ao remate Charla coloquio Refuxiados ambientais .Comercio Xusto e sostible , noso modelo de consumo conta!.

Poñente : Dª Maika Beltrán, Responsable de Oxfan Intermon en Galicia

Luns 6 , 19:00- 21:00 no Forum Metropolitano

Páxinas