Vostede está aquí

O documental da artista lucense Carmen Granxeiro " Benvidos ao club "

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar  no Forum Metropolitano o luns 6 de abril  a partir das 19:30. horas,  do documental da artista lucense Carmen Granxeiro " Benvidos ao club "  sobre o Caso Carioca .

Ademáis da proxección haberá pequeno coloquio posterior ao documental.

A entrada é de balde ata completar aforo .

 

Benvidas ao club _ Trailer.

 

O documental contén linguaxe violenta explícita e non é recomendado para menores de 16 anos.

A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan ca forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dase a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operación Carioca entra nos fogares e pasa a formar parte das nosas conversas pero, somos conscientes do que realmente agocha?

Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a piques de chegar á recta final onde policías locais e nacionais, guardias civiles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo.