Vostede está aquí

Debate sobre Cidade Sostible , Plan de mobilidade , e eliminación das barreiras arquitetônicas

Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas

O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas. O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre mobilidade  e eliminación das Barreiras  arquitetônicas, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.

O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 24 de setembro  ás 19.30h sendo o moderador será o membro da directiva da Asociación: O Periodista Pepe Lorenzo. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

E seguir a normativa sanitaria que establece os seguintes parámetros entre outros:

  • O úso de máscara homologada
  • Manter a hixiene e limpeza lavando as mans e en todo caso, utilización do xel
  • Hidroalcohólico que haberá á entrada e á saída da sala.
  • O úso da butaca asignada, e respectando sempre as indicacións do persoal.
  • traballador da sala.
  • Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
  • Respectar a sinalización.
  • Recoméndase limitar no pisibel a utilización dos aseos.
  • Compre que actuemos todas e todos con responsabilidade.