Vostede está aquí

O documental Frankenstein 04155

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:  Frankenstein 04155

7 de maio  de 2018 as 19:30 no Forum Metropolitano

Entrada de balde ata completar o aforo

TRAILER FRANKENSTEIN 04155 ESP

 

Sinopse

 

O documental Frankenstein 04155 investiga as verdadeiras razóns polas que tivo lugar o descarrilamento do tren Alvia sucedido o 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela. Este accidente supuxo a morte de 81 persoas e 140 feridos, entre os que se atopaba o maquinista e a tripulación. Tras as investigacións oficiais, o fiscal Antonio Roma sinalou como culpable absoluto ao maquinista do tren. Mediante unha serie de testemuños e documentos oficiais, o director Aitor Rei desvela toda a información que as autoridades tentaron ocultar sobre o caso. Un tren non homologado que viaxaba a máis de 200 km por hora, un peso superior ao autorizado, o sistema de freado desactivado,o perigo que supoñía este transporte de alta velocidade... son só algunhas das probas que confirman que tras esta catástrofe non existe un único culpable.