Vostede está aquí

As prioridades en San Diego

Dende a nosa asociación consideramos que as   prioridades dos  terreos que compoñen a zona 2 do Plan de Transformación do Porto non pasan polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima.

 

Na modificación do planeamento urbanístico do porto interior debe apostarse pola súa promoción, o seu uso mixto, a creación de novas actividades e a súa preservación para o fomento económico como lugar de actividade comercial e de pesca que xera riqueza

 

Lembramos a nosa postura radicalmente en contra de que o porto exterior se financie a través da venda de patrimonio publico que sexa Fomento o quen financie as obras do porto exterior .

Estimamos  que todos os organismos relacionados coa nova infraestructura deben acadar un acordo definitivo para anular todos os convenios asinados até o de agora, de costas á veciñanza, no horizonte de que unha nova modificación do PXOM asegure a titularidade pública e uso cívico de todos os espazos portuarios dentro do concepto da economía productiva e sostíbel.

Dende   o noso colectivo  de que unha cuestión de tanta trascendencia para o futuro da cidade  non se faga de costas á veciñanza, polo que reclamanos  canles de participación aberta e directa cos diversos axentes que configuran o movemento cidadán,