Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros , presentou esta semana no rexistro do Concello cinco reclamacións ao orzamento municipal para o ano 2020.
Nestas alegacións a Asociación Veciñal solicitamos un maior investimento é para o Bairro que consideramos insuficiente .
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal estamos a traballar para construír un movemento veciñal que se mova noutros parámetros completamente diferentes, temos que buscar modos de colaboración máis abertos, participativos e libres.
Dende a Asociación veciñal queremos facer un chamamento este 25N de 2019 a veciñanza e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións.
MOBILIZACIÓNS 25N
Animamos a veciñanza a participar nas convocatorias unitarias do movemento feminista galego.
A asociación veciñal cultural deportiva recreativa Oza Gaiteira Os Castros ante a reunión que vai manter o Concello da Coruña ca Autoridade portuaria queremos manifestar :
Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.
A Asociación Veciñal cultural deportiva recreativa “Oza”,Gaiteira-Os Castros temos coñecemento de que se atopan en período de elaboración dos Orzamentos Xerais da Corporación, para o exercicio 2020.
Presentamos as seguintes Propostas ao Orzamento Municipal de 2020, para que se incluian para o desenvolvimento das seguintes actuacións no noso bairro:
A asociación veciñal cultural deportiva recreativa Oza da Gaiteira Os Castros queremos manifestar que o noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento pola defensa do medio ambiente e contra o avance da contaminación que deriva en problemas de saúde ou que inciden directamente no bairro e porén na cidade.
As bolsas de plástico dun só uso que se reparten nos comercios, convértense rápidamente nun residuo. Tanto a fabricación como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais, sociais e económicos.
Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 27 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).
Dende a Asociación queremos denunciar o estado no que se atopa ao solar sito na rúa Juan Montes , 21 cheo de maleza e ratas ante a pasividade do Concello para adoptar medidas para resolver este problema o noso colectivo presentou no rexistro do Concello da Coruña un escrito no que esiximos ao concello que se tomen a proceda a sua limpeza e saneamento de dito solar.
Concentración cidadá, convocada por asociacións de veciñ@s, para exixir á Corporación Municipal a aprobación duns Orzamentos do ano 2019 que permitan as inversións nos barrios e non provoquen a paralización da cidade coa conseguinte repercusión no emprego.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »