Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Dende o noso colectivo veciñal levamos máis de 30 anos tratando de concienciar a todos e todas da importancia de reducir a contaminación ambiental, tratando de implicar ás administracións nesta loita pola calidade de vida das veciñas e veciños. Vemos con fonda preocupación que, lonxe de dar pasos para mellorar a situación, volvemos a tempos pasados onde se negaba o problema.
Dende a Asociación veciñal veciñal Oza Gaiteira Os Castros presentamos ante a Xunta de Galiza ALEGACIONS ao Estudo de Impacto Ambiental Simplificado Planta de Almacenaxe e pre-tratamento de Aceites industriais e Hidrocarburos no Peirao de Oza. A Coruña.
Dende o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos máis de 30 anos loitando por mellorar a calidade de vida no noso barrio, e iso pasa por dispoñer dunha boa saúde ambiental, onde a papel da veciñanza e das administracións é fundamental.
O fomento do uso do transporte público debera ser unha prioridade por parte das administracións. O transporte colectivo reduce a contaminación das cidades, desconxestiona o tráfico aforrando tempo nos desprazamentos e consume moito menos enerxía.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros ante o pacto entre a Xunta e Portos do Estado queremos manifestar :
Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.
Cada litro de aceite usado que vertemos polo sumidoiro, está contaminando case mil litros de auga, necesaria para o ciclo de vida do noso entorno. As augas contaminadas con aceites vólvense estériles para a vida, creando, debido a súa densidade, unha capa impermeable ao oxíxeno, evitando así, o correcto desenrolo dos ecosistemas.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros estamos pola defensa do dereito a comunicar da cidadanía, tanto no eido xurídico, coma no político e no social, un xeito efectivo de defender os dereitos humanos e reclamamos o mantemento das radios comunitarias, como Cuac Fm.
Polo que dende o noso colectivo veciñal mostramos o nosa apoio a Cuac Fm.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros convida os veciñ@s a participar este domingo na limpeza pública do río Feáns, dentro do Proxecto Ríos, que se desenvolverá ese día en 49 municipios de Galiza. Na iniciativa, colaboran Adega, a Asociación de Veciños de Feáns, a Asociación de Hortas do Val de Feáns e o Concello.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar o estado no que se atopa ao solar sito na rúa Juan Monte numero 21 cheo de maleza e ratas ante a pasividade do Concello para adoptar medidas para resolver este problema o noso colectivo presentou no rexistro do Concello da Coruña 120
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »