Vostede está aquí
Reciclaxe de aceites domésticos usados
Cada litro de aceite usado que vertemos polo sumidoiro, está contaminando case mil litros de auga, necesaria para o ciclo de vida do noso entorno. As augas contaminadas con aceites vólvense estériles para a vida, creando, debido a súa densidade, unha capa impermeable ao oxíxeno, evitando así, o correcto desenrolo dos ecosistemas.
Dende a asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros, instamos ao Concello para que poña en marcha un sistema de recollida de aceites vexetais domésticos de cocina, recuperando estes elementos para ser usados na fabricación de biodiesel e coidado ao mesmo tempo o noso medio ambiente.
Instamos ao Concello a que instale contedores de aceite doméstico pola zona da rúa da Merce , Gaiteira e Avenida de Oza e que tamén mellore a recollida do resto do lixo, aumentando o numero de contedores na Avenida de Oza pois os actuais son insuficientes e a unha distancia moi larga entre eles.
O escaso número de contedores nesta rúa é unha queixa que xa nos teñen trasladado moitos veciños e veciñas, así como o incremento de lixo nas rúas dun tempo a esta parte, polo que solicitamos que se aumente os efectivos de limpeza na cantidade precisa para manter as rúas nun estado de conservación e limpeza dignos desta cidade