Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Dende a Asociación veciñal queremos facer un chamamento este 25N de 2019 a veciñanza  e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións.

 

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros dirixímonos ao Concello para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.

Dende a nosa asociación consideramos que as   prioridades dos  terreos que compoñen a zona 2 do Plan de Transformación do Porto non pasan polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima.

 

Dende a nosa Asociación instamos ao concello a elaboración dun plan de mobilidade consesuado con tódolos sectores implicados , e se fale co movemento veciñal.

Un Plan de Movilidad Sostible define as actuacións necesarias, coa finalidade de garantir un equilibrio a longo prazo entre o uso do espacio púbrico, a conservación do medioambiente, e a mobilidade.

Os veciños do barrio denunciaron a falta de limpeza e falta de mantemento adecuado do do pequeno parque situado entre a rúa Ortigueira e a Avenida do Pasaxe.

A Asociación xa presentou unha reclamación no concello

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio na Rúa José González Chas , 39 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).

Desde a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos que  desde hai anos a costa de Oza está a sofrir unha forte agresión tanto urbana coa construción desmedida coma industrial cun forte impacto de contaminación ambiental na zona.

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio na Avenida de Oza  , 158 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas , gaivotas que constitúen «un foco de infeccións e un hábitat favorable para ou asentamento de pragas (orugas, roedores e insectos).

As administracións públicas deben garantir que os desprazamentos a pé sexan seguros, non só desde o punto de vista do contaxio, senón tamén da seguridade viaria.

"A xente loitadora e valente é a que inspira e dá sentido á vida. Moito ánimo valentes!"
 

Páxinas