Vostede está aquí

ALCOA NON SE PECHA

A  Asociación veciñal Oza - Gaiteira-Os Castros quere manifestar públicamnente o seu apoio e a sua solidaridade cos traballadores de  Alcoa.

A  Asociación veciñal  chama a toda a vicindade da Gaiteira, os Castros, o Montiño, a Cubela, Casablanca, Montes e cada un dos rincós do noso barrio a PARTICIPAR ACTIVAMENTE no actos  convocados  polos traballadores de Alcoa 

O noso colectivo considera fundamental para a cidade, e polo tanto para o noso barrio, o mantemento dos postos de traballo de Alcoa , e do tecido productivo e industrial da Coruña. Os veciñ@s do barrio non podemos ser alleos a este importante feito.

Dende aquí solicitamos os representantes do Movimento Veciñal da Coruña, o Concello, a Xunta de Galiza e do Goberno do Estado o seu apoio e a sua participación nos actos covocados polos traballadores de Alcoa.

.- Seña retirado o ERE que pesa sobre a Empresa
.- Traballen polo mantemento dos postos de traballo eo tecido industrial da Cidade.
.- Se manifesten contra a deslocalización das empresas productivas.