Vostede está aquí
Artística
Agruparanse todalas actividades que teñan que ver coas artes.
A Asociación veciñal imos ter un curso de Coiro. O curso será os Xoves de 19:15 a 20:30. Dito curso comenzará cando se creen o grupo. Impartiranse no local da Asociación. Apuntate xa as prazas son limitadas.
A pandemia fixo que paralisaramos esta actividade que xa collera pouso no Bairro coas edicións anteriores. De novo na ruta da música tradicional, arrancamos desta vez no Forum Metropolitano. O vindeiro 22 de xullo de 2022, ás 19.00h. Entrada de balde ata completar aforo.
Na Asociación veciñal imos a ter un curso de linguaxe musical. Clase de Música (Canto , piano , Guitarra e flauta)
As clases se impartiran no Centro Civico de San Diego
Xoves: 19.30 a 20:45 horas
Venres: 16.30 a 18/ 18.00 a 19.00
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai a realizar unha exposición sobre varias temáticas do artista e veciño de barrio Pefecto Estévez , dentro da campaña "Promoción da cultura no Barrio".
Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros manifestamos o noso total desacordo coa decisión tomada polos responsables de Naturgy de clausurar a actividade do MAC. O Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF) contribuiu a facer da mesma un dos piares fundamentais do tecido cultural contemporáneo galego.
O 26 de novembro as 20:00 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de convidados a presentación do libro de Cristina López Villar: "Pioneiras do deporte en Galicia".
O 24 de novembro as 12 :000 na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira teremos o pracer de convidados a presentación do libro de Xurxo Souto A gran travesía de Chiruca Macallás
Participan na presntación :
Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Xurxo Souto
Xa sabedes, 24 de novembro as 12 na Sociedade.
O obxectivo desta actividade é poñer de manifesto a importancia da incorporación da muller ao mundo laboral en todos os eidos, mesmo conquistando espazos a priori reservados para os homes.
Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias. Só é necesariovontade, papel e lapis;o resto é escoitar o que levamos dentro.
Neste curso de escritura creativa calquera persoa poderá iniciar o seu proxecto literario, ou simplemente practicar técnicas até sentir que amusa desexa falarlle ao ouvido.
MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio. Nunha primeira etapa desenvolveranse 2 actividades abertas ao público: un debate e un roteiro pola costa.