Vostede está aquí
Onde máis doe,
O luns 6 de novembro , ás 19.30 h, proxectamos no Forum Metropolitano o filme da cineasta Manane Rodríguez, Onde máis doe, un documental sobre a violencia vicaria.
Entrada de balde ata completar aforo
Manane Rodríguez analiza neste filme o caso do asasinato dun neno en Oza, un feito espantoso de violencia vicaria que o pai cometeu para vingarse da nai, facéndoo, precisamente, «onde máis doe».
Despois de ameazar durante anos ao seu ex parella, Marcos M. asasina a golpes de pa ao seu fillo de 11 anos. Un ano despois un Xurado Popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades) e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai.
Onde máis doe é un documental imprescindible sobre ese horror inaceptable nunha sociedade civilizada. Está nas antípodas do tratamento sensacionalista co que adoitan tratarse estes dramas.