Vostede está aquí
Donde acaba la memoria
05/09/2023 - 18:03
A asociación veciñal Oza-Gaiteira - Os Castros, o día 2 de outubro as 19 :30, no Forum Metropolitano, proxecta as documental: "Onde acaba a memoria"
Entrada de balde ata completar aforo.
Sinopse:
"Onde acaba a memoria" percorre As Hurdes e a Residencia de Estudantes para construír o retrato de Ian Gibson, detective literario que dedicou a súa vida para recuperar a memoria recente de España a través das biografías de tres dos seus xenios máis recoñecidos: Buñuel, Dalí e Lorca. A viaxe finaliza en Granada, onde, tras unha procura de 50 anos, Gibson está máis preto que nunca de atopar os restos de Lorca como símbolo de reconciliación dun país que se resiste a facer as paces co seu pasado. Dirección: Pablo Romero-Fresco