Vostede está aquí

Terra de Naúfragos .

A asociación veciñal Oza-Gaiteira - Os Castros, o día 4 de setembro  as 19 :30, no Forum Metropolitano, proxecta as documental: Terra de Naúfragos . 
 
Entrada de balde ata completar aforo.

 A historia de Galicia está traxicamente marcada polos accidentes marítimos nas súas costas. Este documental é unha homenaxe ás xentes que traballan, viven e morren no mar. A través das testemuñas dos supervivintes, os familiares das víctimas e os profesionais do salvamento, cóntanse naufraxios coñecidos por todos, como os do Urquiola, o Mar Exeo e o Casón, pero tamén outros non menos dramáticos, como o Santa Isabel, o Marbel, o Dauka, o Baitín, La Isla, o Panchito, a Xana e tantos outros que conforman xa a mitoloxía do mar de Galicia