Vostede está aquí
Especies invasoras
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que a flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser human na Galiza, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica auctotona.
Dado que noso barrio sufre invasión de especies invasoras como A herba da Pampa , Cortadeira e outras co perxuizo que conleva para o ecosistema.
Solicitamos ao Concello da Coruña adopté medidas para erradicar esta especies de plantas no noso barrio.