Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Dende o Colectivo Veciñal Oza Gaiteira Os Castros esiximos que as administracións actúen na defensa das persoas e do ben común. En demasiadas ocasións temos padecido decisións que poñen os intereses duns poucos por riba dos da inmensa maioría, demasiadas veces observamos como se gobernou para os amigos, para as grandes empresas e contra os intereses dos veciños e veciñas.

Ante as queixas dos veciños e veciñas polo lamentable servizo de transporte público do que dispoñemos

Ante as queixas dos veciños e veciñas polo lamentable servizo de transporte público do que dispoñemos, especialmente no que atinxe ao noso barrio, instamos ao Concello a melloralo esixíndolle á compañía de tranvías prestar un servizo como é debido.

Levamos tempo insistindo na necesidade de conservar e recuperar todo o patrimonio do barrio

Levamos tempo insistindo na necesidade de conservar e recuperar todo o patrimonio do barrio, marcando como unha das nosas prioridades a recuperación do Faro de Oza para a veciñanza pois trátase dunha instalación de grande valor patrimonial para o noso barrio.

a calidade da auga da praia de Oza volve a ser insuficiente para ter o distintivo da bandeira azul

Este 2015 a calidade da auga da praia de Oza volve a ser insuficiente para ter o distintivo da bandeira azul, como xa acontecera o ano pasado. Queremos lembrar que o verán pasado o nos colectivo esixiu do goberno do Sr Negreira que fixese públicas as analíticas da calidade da auga.

Pasan os días e a herba, e toda a vexetación do parque de Oza caen nun estado total de abandono. Perdemos a conta do tempo que pasou dende a última vez que a vexetación recibiu auga, seguramente dende a última vez que choveu pois o sistema de rego semella que non exista. A falta de mantemento está a provocar serios danos que probablemente será moito máis caro arranxar do que agora custe ese mantemento.

Hai máis dun ano, na Asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros tomamos a decisión de darnos de baixa da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e área metropolitana, decisión que se tomou ante a evidencia de que o modelo de funcionamento non estaba a ser útil para a veciñanza e non había vontade dentro da propia Federación para asumir cambios imprescindibles que puxesen a organización ao servizo dos veciños e veciñas.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros ,queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros vimos de presentar denuncia no SEPRONA, informando da mesma aos seguintes organismos: Autoridade Portuaria da Coruña, Concello da Coruña, Augas de Galicia e Axencia Europea de Medio Ambiente; para que se comproben as posibles infraccións e irregularidades dos desguaces que se están a facer no porto de Oza.

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña, emigrantes galeg@s a quen Facenda  esta dando un trato inxusto e desproporcionado por parte da administración da axencia tributaria.

Páxinas