Vostede está aquí

COSTA DE OZA

vemos que  hai anos as costa de Oza están a sufrir unha forte agresión urbana, industrial e de contaminación ambiental

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vemos que  hai anos as costa de Oza están a sufrir unha forte agresión urbana, industrial e de contaminación ambiental.

A agresión urbana, dende a instalación do Porto Petroleiro, os espazos de descargas de carbón e graneis agresivos e contaminantes sin medidas adecuadas, os varadoiros privados, a zona de reparacións e fóndeos e as de embarcacións de recreo está a rematar co perímetro costeiro natural ,zona de rochas e areais, privatizando os espazos e aloxando a liña de mar dos cidadáns.

A contaminación ambiental esta a emporcallar as augas rematando coas zonas de baño, pesca e marisqueo.

De sempre a nosa asociación veciñal témonos oposto a tales medidas agresivas, polo que supoñen de atentado manifesto á natureza das nosas costas, unha redución dos espazos de lecer cidadáns e un atentado a nosa saúde.

Polo que dende o noso colectivo vecinal Oza Gaiteira Os Castros SOLICITAMOS ao concello da Coruña que  xa que os veciños e veciñas  asumimos os costes de conservación do espazo publico

Un acordo municipal para en beneficio dos veciños do barrio e cidadans da cidade unha ampliación da Praia de Oza a sua esquerda, ó espazo valeiros dos antigos Asteleiros Valiñas.

  • A conservación do contorno, re formando e aproveitando as instalación, muelles e conservando o seu carácter industrial para uso náutico e de baño da cidade.
  • Negamonos a privatización do Faro de Oza, tal como pretende a Autoridade Portuaria, utilizando o mesmo e a sea contorna para fins sociais cidadans.
  • O control e as medidades legais ante os desguazes que esta a levar a Autoridade Portuaria na Darsena de Oza.