Vostede está aquí
A herba do Parque de Oza esmorece día a día
Pasan os días e a herba, e toda a vexetación do parque de Oza caen nun estado total de abandono. Perdemos a conta do tempo que pasou dende a última vez que a vexetación recibiu auga, seguramente dende a última vez que choveu pois o sistema de rego semella que non exista. A falta de mantemento está a provocar serios danos que probablemente será moito máis caro arranxar do que agora custe ese mantemento.
Calquera persoa que pase polo Parque de Oza pode comprobar o estado no que se atopa, sabemos que houbo queixas tamén por outros parques e a resposta de que o novo goberno municipal leva pouco tempo no cargo non nos vale. Lamentablemente na Coruña temos moi poucas zonas verdes polo que nun só día seguramente se pode comprobar o estado de todos os parques da Cidade.
Descoñecemos o motivo desa falta de interese polo coidado das escasas zonas verdes coas que contamos no noso barrio e dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros lamentamos a nula implicación por parte do Concello neste problema denunciado por veciños e veciñas do barrio.
O noso colectivo veciñal esixe que se manteña o parque como é debido, o barrio ten dereito a unhas zonas verdes polas que pasear e pasar a tarde nestes días de calor abafante. Nalgunhas cousas seguimos igual que antes das eleccións, ollando só para o centro, están neste lamentable estado os xardíns de Mendez Nuñez?