Vostede está aquí
Reincorporación o Catálogo de edificios de protección estructural do edificio industrial da Citroen
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita do Concello de A Coruña a reincorporación o Catálogo de edificios de protección estructural do edificio industrial da Citroen, situado na Avda. General Sanjurjo. Actualmente ten caducada a licencia de demolición e as suas prorrogas, momento pois para retraer a calificación.
Dito edificio foi catalogado con tal protección estructural polos redactores do PXOUC e os técnicos municipais, e sacado do Catalogo polo Goberno Municipal do Partido Popular no tramite de aprobación provisional do Plan, nun desprezo polo patrimonio do barrio e plegandose a solicitude e presión dos seus propietarios, e contra o criterio dos redactores do PXOUC
O edificio, obra de Andres Fernandez Albalat, data de 1966 é un ponto de referencia da modernidade urbana industrial de carácter racionalista dentro do nucleo urbano, con unha fachada de muro cortina que resolve perfectamente a esquina da rua.
A Proteccion estructural obligaría a propiedade a conservación da fachada, cuberta e elementos estructurais, o que evitaría a especulación deribada do seu derrubo.
Un novo edifico adaptado o normativa actual sobredimensionaría unha zona de alta densidade do barrio.