Vostede está aquí
Recuperación do Faro de Oza
Levamos tempo insistindo na necesidade de conservar e recuperar todo o patrimonio do barrio, marcando como unha das nosas prioridades a recuperación do Faro de Oza para a veciñanza pois trátase dunha instalación de grande valor patrimonial para o noso barrio.
Témonos dirixido ao Concello e a Autoridade Portuaria para solicitar un uso social do faro e tamén levamos adiante accións reivindicativas na defensa dese patrimonio público que nos pertence a todos e todas para evitar o seu uso como negocio hostaleiro que pretende unha entidade privada, poñendo o patrimonio de todos e todas en mans duns poucos.
Dirixímonos agora ao novo goberno municipal para que se faga público a situación actual do faro de Oza despois de que a Autoridade Portuaria anunciase que cedía a instalación ao Concello, esiximos transparencia na xestión dos espazos públicos para que o barrio coñeza de primeira man que está a pasar co noso Faro.