Vostede está aquí
campos para adestrar
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros expón que a práctica do deporte é fundamental para manter unha boa calidade de vida, moito máis nos tempos que corren onde o sedentarismo acaba sendo un grave problema de saúde. É moi importante que os nenos e nenas se inicien no deporte dende cativos mais para iso necesitamos instalacións deportivas.
Dende esta AAVV xa nos temos queixado noutras ocasións pola carencia de instalacións deportivas no barrio, tamén polo deficiente estado de conservación das poucas que temos. Hoxe queremos denunciar que algúns equipos de fútbol, de nenos moi cativos, teñen que cruzar toda a cidade, até os campos da Torre, para poder adestrar.
Non é de recibo que clubes coma o dos Castros e Gaiteira , que conta con máis de 200 fichas federativas, non poida adestrar no barrio e teña que desprazarse ata a outra punta da cidade para poder adestrar, cos inconvenientes que iso xera nas familias e no propio clube.
No barrio precisamos máis e mellores instalación deportivas ,e xestionar as horas de dispoñibilidade da instalación para poñelas a disposición dos veciños e veciñas.
Dende esta AAVV sempre estamos abertos ao dialogo, escoitamos ao barrio e trasladamos as súas queixas a quen corresponda, implicándonos na defensa dos veciños e veciñas