Vostede está aquí
Esiximos transparencia sobre a calidade da auga na Praia de Oza
Este 2015 a calidade da auga da praia de Oza volve a ser insuficiente para ter o distintivo da bandeira azul, como xa acontecera o ano pasado. Queremos lembrar que o verán pasado o nos colectivo esixiu do goberno do Sr Negreira que fixese públicas as analíticas da calidade da auga. Nun alarde de prepotencia o Concello respondeunos dicindo que dous parámetros excedían os niveis máximos tolerados polo organismo para outorgar o distintivo pero non dixo nin que parámetros eran nin os niveis que se mediran.
Tal e como fixemos o verán pasado volvemos a esixir transparencia por parte das administracións para que fagan públicas as medicións da calidade da auga para saber que parámetros están fóra de marxe e buscar dese xeito a causa da contaminación que impide a obtención da bandeira azul.
O noso colectivo veciñal entende que é un dereito dos veciños e veciñas coñecer os datos concretos da calidade da auga, agardamos que o novo equipo de goberno actúe de maneira máis democrática e transparente, facilitándolle a información ao barrio como estamos a demandar.