Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Deficiencias no barrio

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de

  • Mellorar  e urbanizar a  rúa Carballo

Estes días veñen de publicarse os Programa Lecer primavera 2016 para o Forum Metropolitano e o centro Ágora, son milleiros de prazas para a realización de diferentes actividades e talleres que se veñen a engadir o todas as que tamén se realizan nos diferentes centros cívicos.Están dirixidos a persoas de tódalas idades, dende a nenez ate a vellez, pero unha vez máis as persoas con diversidade

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros   queremos manifestar que a  flora invasora é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo  ser human  na Galiza, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente.

A asociación vecinal Oza  Gaiteira-Os Castros  quere manifestar o seu desacordo ca política participativa do actual Goberno Municipal.

Contradecindo o seu Programa, Ponto 3 da Area de Radicalización Democrática do seu programa, e a proposta tan aireada de “presupostos participativos”.

A Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) considera as ondas da comunicación inalámbrica como "posiblemente cancerígenas".

De acordo coa IARC, o risco de cancro deste tipo de radiación é similar á do insecticida DDT, acertadamente prohibido.

 

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas.Nesta ocasión estamos a falar de:

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita ao concello que adopte medidas contra a probreza enerxetica.

A pobreza enerxética  pode definirse como a incapacidade dun fogar para satisfacer unha cantidade mínima de servizos da enerxía para as súas necesidades básicas como manter a vivenda nunhas condicións de climatización adecuadas para a saúde.

Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello en moitas ocasións para demandar máis espazos públicos que poidan ser usados pola veciñanza.

Temos solicitado que se adecúen espazos baleiros ou cheos de maleza e lixo, que se incrementen os espazos verdes e de lecer para mellorar a calidade de vida dos veciñas o veciñas. 

As zonas verdes do barrio e o coidado da saúde.

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros témonos dirixido en moitas ocasións ao Concello para que se incrementen, se coiden e se manteñan como debe as zonas verdes do barrio.

É indiscutíbel que estes espazos melloran a calidade de vida, o que repercute de xeito beneficios na saúde dos veciños e veciñas.

 

A  Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita ao concello a elaboración dun plan de mobilidade consesuado con tódolos sectores implicados , e se fale co movemento veciñal.

Páxinas