Vostede está aquí

Orzamentos Participativos

A asociación vecinal Oza  Gaiteira-Os Castros  quere manifestar o seu desacordo ca política participativa do actual Goberno Municipal.

Contradecindo o seu Programa, Ponto 3 da Area de Radicalización Democrática do seu programa, e a proposta tan aireada de “presupostos participativos”.

O Concello esta a elaborar e presentar nos medios de comúnicación un programa de inversión a longo prazo, Plan EIDUS, así como negociando os Presupostos Municipais 2016. Estas duas inversión pola sua cuantía económica teñen unha importante repercusión nos barrios e na cidade a medio prazo. Mentras os movimentos cívicos estamonos a enterar só polos medios de comunicación ante o esquezemento do Concello.

Así estamos sin saber cales son as inversións do Presuposto do ano 2016, a distribución dos gastos, as prioridades de inversión e a pormenorización das mesmas , as prioridades fiscais e de ingresos, e todo o que rodea dito Presuposto.

Respecto o programa EIDUS descoñecemos as prioridades, o programa secuencial así como o proxecto de cidade que implica unha inversión que se remata no 2020.

Dende a nosa asociación temos presentado o Concello diversos e importantes proxectos de millora ca ilusión de participación democrática. Non só nas cuestíons cotidianas e de conservación, tamen proxectos imprtantes: millora do Parque San Diego, ampliación Praia de Oza, hortas urbans nos amplos espazos libres, millora das antigas murallas do barrio, viabilidade para Avda Genreal Sanjurjo como via 30, millora esplanada da Fabrica Tabacos e un longo etc., que foron ben recibidas polo Concello pola sua importancia e sinificado de millora importante para a cidade. Mais ¿serán ou non recollidass en ambos proxectos?. Mentras o Concello esta a negociar cos Grupos Municipais.

Consideramos co Concello debe dar un impulso a sua poltica participativa abrindo as portas realmente e na practica os movementos cívicos. Xa é tempo e non a escusas para cumplir programa electoral de Presupostos Participativos e Radicalización Democrática: DAR INICIATIVA AS RUAS. DAR A INICIATIVA OS CIDADANS  MOVEMENTOS CÍVICOS.