Vostede está aquí
Medidas de política municipal
26/01/2016 - 23:50
Medidas de política municipal, que dende o noso colectivo veciñal deberianse tomar co apoio de colectivos sociais, empresas ou familias:
- Fomentar a agricultura/horticultura urbana e periurbana ecolóxica mediante campañas, cursos, incentivos diversos, cesión de espazos e apeiros, subvención de sementes, etc.
- Impulsar acordos para empréstitos ao concello con cooperativas de crédito e entidades agrupadas na denominada “banca ética”, que reinvisten os beneficios en proxectos locais e sociais.
- Avanzar na recuperación de servizos municipalizados, revertendo da privatización aqueles que se consideren esenciais cando remate o período do contrato actual.
- Revisión e auditoría de todos os grandes contratos de suministros, particularmente no eido da electricidade, enerxía e, telecomunicacións. Impulso á licitación con cooperativas enerxéticas para o suministro de equipamentos públicos, e establecemento de inspeccións e controis rutineiros na aplicación das tarifas das multinacionais de servizos.