Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030 vai proxectar o documentário: A VIVENDA UN ¿BEN SOCIAL?.
Un proxecto do colexio oficialde traballo social de Galicia: codirixido por Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa.
Coa colaboración da Deputación da Coruña. No Forum Metropolitano o día 7 de novembro as 19:30. Entrada de balde ata completar aforo
A próxima semana comeza na Biblioteca Fórum o Ciclo "Educación nas marxes". Busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Este ciclo de conversas busca sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades.
A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario de obradoiros de divulgación científica do proxecto Mulleres na Rúa
Este proxecto de igualdade está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver diferentes proxectos para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio. É por iso que este ano está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres científicas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.
Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza o próximo luns 26 de setembro ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un obradoiro que correrá a cargo de Vanessa Vadiglesias García, experta en toxicoloxía xenética e nanotecnoloxía e investigadora da UDC, que falará dos mitos na investigación das biólogas españolas e en concreto da investigación en toxicoloxía xenética.
Este ano o Concello da Coruña pon de novo en marcha os Orzamentos Participativos. É a sexta edición deste programa, que permite ás veciñas e os veciños da Coruña decidir en que investir unha parte do orzamento municipal.
Xa comezaba as actividades Música Tradicional as clases se impartiran no local da Asociación .
Os Horarios son :
Gaita
Luns de 16 a 18 horas
Mércores de 18 :30 a 20 :30 horas
Pandeireta
Martes de 19 a 21 horas
Venres de 11 a 12 horas
Pandeiro
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »