Vostede está aquí
Mulleres na Rúa
A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario de obradoiros de divulgación científica do proxecto Mulleres na Rúa
Este proxecto de igualdade está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver diferentes proxectos para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio. É por iso que este ano está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres científicas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.
A través do proxecto, que alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5 e 11, realizaranse no Forum Metropolitano obradoiros, exposicións, un ciclo de cine e un novidoso mapeo das rúas do barrio co fin de propoñer novos nomes de mulleres para nomear ás rúas.
A primeira actividade consistirá na realización de tres obradoiros de divulgación científica o último luns de cada mes ás 19:00h na Biblioteca do Forum Metropolitano, en colaboración con UDCiencia d+i da Universidade da Coruña para visibilizar ás mulleres científicas.
Os obradoiros estarán coordinados por Ana G. Tizón, profesora da UDC e Xenetista experta en Mutaxénese, e serán impartidos por referentes na ciencia e científicas mozas. O primeiro correrá a cargo de Vanessa Vadiglesias García, experta en toxicoloxía xenética e nanotecnoloxía e investigadora da UDC, que falará dos mitos na investigación das biólogas españolas e en concreto da investigación en toxicoloxía xenética.
O luns 31 de novembro á mesma hora e no mesmo lugar tendrá lugar o segundo obradoiro, esta vez sobre sumisión química, e será impartido polas doutorandas e membros de UDCiencia Raquel Pérez Guevara e Icía Lista Pombo. O derradeiro obradoiro correrá a cargo de Ana G. Tizón que contará a historia da primeira enfermeira en misión internacional: Isabel Zendal e desenvolverase o luns 28 de novembro de 2022.
Dede AAVV convidan a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa e agradecen que realicen a inscrición no seguinte enlace