Vostede está aquí
XA PODES PRESENTAR PROPOSTAS DE INVESTIMENTO NOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS 2022!!!
Este ano o Concello da Coruña pon de novo en marcha os Orzamentos Participativos. É a sexta edición deste programa, que permite ás veciñas e os veciños da Coruña decidir en que investir unha parte do orzamento municipal.
A través desta ferramenta, a cidadanía coruñesa pode escoller a que destinar 2,5 millóns de euros do orzamento de 2023: 1,5 millóns de euros repartidos entre os 10 distritos censuais e 1 millón de euros para propostas dirixidas ao conxunto da cidade.
Tes ata o 26 de setembro, xa podes facer as túas propostas de investimento. Como todos os anos, as propostas serán posteriormente preseleccionadas nunha fase de apoios, logo serán avaliadas polo persoal técnico do concello e, finalmente, chegarán a unha fase de votación final. As máis votadas pasan a formar parte do proxecto inicial do orzamento xeral do ano seguinte.
Lembra que todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos podedes propoñer, apoiar e votar propostas de investimento na plataforma de participación https://nacorunacontas.coruna.gal/ou, nesta primeira fase, de xeito presencial nos rexistros municipais nas oficinas de María Pita, Ágora e Fórum, pedindo cita previa.
Para solucionar posibles problemas de acceso á plataforma podes chamar ao 010 ou enviar un correo electrónico a presupostos.participativos@coruna.gal