Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

Achégase a fase de votación final do programa Na Coruña Contas, e dende Asociación  queremos facer unha pequena aproximación na que recomendarmos as propostas que entendemos de maior interese para ser votadas coa finalidade de contribuír  a mellorar a calidade de vida da veciñanza do noso barrio

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar  dentro do proxecto Mulleres na Rua e polo 25 N O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller :
O documental Entre catro paderes ( Mulleres Maltratadas ).
O dia 21 de novembro  a s 19 : 30  horas no Forum Metropolitano .
Entrada sera de balde   ata complentar o aforo .
 

 Na Biblioteca Fórum o Ciclo "Educación nas marxes".

Busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Este ciclo de conversas busca sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades. 

O  xoves  3 de novembro ás 19:00 " O colectivo LGTBIQ+  nas escolas  galegas .O camiño percorrido e o queda por percorrer ".

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver  o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa  para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030 vai proxectar o documentário: A VIVENDA UN ¿BEN SOCIAL?

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030 vai proxectar o documentário: A VIVENDA UN ¿BEN SOCIAL?.

Un proxecto do colexio oficialde traballo social de Galicia: codirixido por Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa.

Coa colaboración da Deputación da Coruña. No Forum Metropolitano o día 7 de novembro as 19:30. Entrada de balde ata completar aforo

A próxima semana comeza na Biblioteca Fórum o Ciclo "Educación nas marxes". Busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Este ciclo de conversas busca sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades. 

A asociación veciñal organiza unha exposición de Fotográfica enmarcada dentro das actividades do proxecto Mulleres Na Rúa
" Queremos ser libres "
A Exposición será no 17 de outubro 2022 ao 24 de outubro 2022
 
 A presentación terá lugar o luns 17 de outubro 2022 ás 20h no Forum Metropolitano

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario de obradoiros de divulgación científica do proxecto Mulleres na Rúa

Este proxecto de igualdade está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña

 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver diferentes proxectos para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio. É por iso que este ano está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres científicas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.

Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza o próximo luns 26 de setembro  ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un obradoiro  que correrá a cargo de Vanessa Vadiglesias García, experta en toxicoloxía xenética e nanotecnoloxía e investigadora da UDC, que falará dos mitos na investigación das biólogas españolas e en concreto da investigación en toxicoloxía xenética.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030   vai proxectar o documentário: MANUAL DE USO DE UNA NAVE ESPACIAL .
No Forum Metropolitano o 3 de outubro as 19:30.
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
 

Páxinas