Vostede está aquí

Debates O noso barrio Conta Munucipais 2023

Como ven sendo tradición desta Asociación de Veciñas e veciños diante de cada convocatoria electoral de interese para noso barrio, convocamos tres parladoiros – debate a celebrar nas instalacións do Fòrum Metropolitano. 

A primeira desta xeira será sobre “Accesos ao Novo CHUAC, mobilidade e patrimonio cultural do barrio” o mèrcores 12 de avril ás 19 horas. 

A segunda sobre “A planta de hidrocarburos no peirao de Oza e outras políticas medio ambientáis para o barrio” o mèrcores 26 de avril ás 19 horas. 

A terceira está pendente de día e de definir os temas a tratar. 

O formato será case o mesmo das anteriores cunha primeira intervención de 5 minutos por parte de cada participante; logo, outra intervención de 3 minutos seguida dunha rolda de preguntas entre os asistentes e, para rematar, unha intervención final resumo das propostas para o barrio. 

O compromiso cos traballadores e traballadoras do Fórum é rematar ás 21 horas que sempre fomos capaces de cumprir grazas á vosa disciplina nos tempos de intervención o que é moi de valorar. 

A orde de intervención farase por sorteo antes de comezar. 

Estan convidados os partidos con representantes no concello da Coruña