Vostede está aquí
Actividades 2022-2023
27/08/2022 - 15:49
Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza. Deste xeito, entre este mes de setembro e o de outubro comezamos con: labores, manualidades, pandeireta, gaita, tamboril, acordeón, pilates, zumba, guitarra e violín. Outras actividades que esperamos poñer en marcha nos vindeiros meses iremos informando a medida que as poñamos a andar.
Calquera persoa interesada en participar dalgunha destas actividades ou contactar con nós no email ozagaiteiraoscastros2@gmail.com