IDEAL CINEMA

O Ideal Cinema da Gaiteira foi un dos primeiros que se construiu na Coruña, onde en 1935 había 13 cines. Proxectado en 1928, abriu as súas portas o 3 de setembro de 1930 publicitándose como o Palacio do Cine na Gaiteira, segundo a documentación consultada por Pepe Temprano, de Bardos Cultural. Este cine desapareceu en 1971 e no seu lugar hai hoxe un edificio de vivendas de cinco plantas no número 37 da Rúa Gaiteira.

Porta do Ideal Cinema e Rúa Gaiteira. FOTO: Gente de Monelos

Este cine non é o único que desapareceu na Rúa Gaiteira. Xusto fronte ó que era o cine estaba o corralón da Gaiteira, un conxunto de vivendas humildes organizadas en torno a un patio interior. Foron declaradas en ruína polo Concello en 1997 e derruidas unas anos despois. No ano 2017 o solar aínda permanece baleiro.

CRONOLOXÍA
· 1930 Primeira función do Ideal Cinema
· 1953 Primeiro asfaltado da Rúa Gaiteira
· 1971 O cine é derruido e no seu lugar construirase un edificio de vivendas
· 1997 O corralón da Gaiteira é declarado en ruína polo Concello da Coruña
· 2017 O solar do corralón permanece baleiro

LOCALIZACIÓN
Como chegar