«A cultura de barrio é fundamental, reforza a nosa identidade»
Penide ten seis discos e unha intensa xira por diante. FOTO: Begoña Pastoriza
Silvia Penide escribe e canta dende dentro, tan dentro que é fácil recoñecer a melancolía e o mesmo tempo a forza atlántica nas súas melodías. Naceu na Coruña, no barrio de Meicende, e con 20 anos xa editou a súa primeira maqueta. Agora, con seis discos ás costas e unha intensa axenda de concertos por diante, fará unha parada para cantar na segunda festa da Memoria da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros. Será o sábado 10 de xuño as 20 horas no Mirador dos Castros.
– Cres que hai algunha relación entre a música que fas e as túas raíces coruñesas?
– Sí, por suposto que o meu entorno, o día a día que vexo, deixa pegada nas miñas letras e na miña forma de entender unha canción.
– Está a acción cultural moi centralizada nos centros das cidades? E no caso da Coruña?
– Penso que cada vez máis a xente se decata do importante que é a raíz. Penso que tanto na Coruña, como no resto das cidades, hai cada vez mais conciencia do importante que é coidar os espazos, as vivencias implícitas en muros, en historias que contan comercios ou familias ligadas ás zonas durante anos.
– Consideras importante a cultura pequena, a de barrio?
– Penso que é fundamental. Penso que nos da identidade, nos reforza como sociedade, nos fai ter mais unidade entre as persoas, se contan historias, se valora o cotiá, se crean lazos entre a veciñanza e se xenera unha confianza que vai nacendo do diario. Unha confianza que creo que é necesaria e positiva vivindo en sociedade.
– As túas cancións son mensaxe pero sobre todo emoción, que aporta á emoción a proxectos veciñais como Pantasmas de Oza?
– Penso que a emoción incide positivamente na educación emocional, imprescindible o meu parecer para avanzar coma seres humanos.
– Tocar no mirador dos Castros é literalmente ter á Coruña ós teus pés, que agardas deste concerto?
– Bailar coa cidade e estar eu tamén ós seus pés. Tamén o que sempre intento nos meus concertos, que a xente saia mellor do que entrou.
«A cultura de barrio é fundamental, reforza a nosa identidade»
Penide ten seis discos e unha intensa xira por diante. FOTO: Begoña Pastoriza