CORRALÓN DA GAITEIRA

O corralón da Gaiteira era un campo deportivo creado a finais do século XIX na explanada entre o río Monelos e a Fábrica de Tabacos e onde se xogaban competicións de hípica, ciclismo e dun deporte recén chegado de Inglaterra: o fútbol. O corralón pasou á historia da Coruña por ser o campo no que se estrenou o Real Club Deportivo, cando aínda era o equipo da Sala Calvet. Foi un 8 de decembro de 1906 contra o Sporting Coruña.

O corralón da Gaiteira desapareceu en 1934 e o terreo está hoxe ocupado por bloques de vivendas. Esta zona da Gaiteira era un dos focos de actividade industrial da cidade da Coruña, nun límite pouco claro co Concello de Oza. De feito, nas imaxes do corralón distínguense as chemineas da Fundición Solórzano.

CRONOLOXÍA
· 1894 Partido de football entre a colonia inglesa na Coruña e o Sporting Club
· 1906 O 8 de decembro debuta o Deportivo, cando aínda era o Clube da Sala Calvet
· 1934 O corralón desaparece, no seu lugar hai edificios de vivendas

LOCALIZACIÓN
Como chegar