ESCOLA SAL LENCE

A escola Teniente Médico Sal Lence foi inaugurada en 1940. Recibiu este nome por ser unha doazón do médico Jerónimo Sal Lence en recordo do seu fillo, quen morrera nun accidente de aviación na Guerra Civil. O edificio estaba xunto a estrada e tiña enfrente unha parada do tranvía que ía ata Sada e que os veciños chamaban O Siboney. Estaba dirixida por Francisco Vales Villamarín, mestre e historiador de Betanzos quen chegara ós Castros en 1918 para dar clase na antiga escola de nenos na zona de Casablanca.

Vales Villamarín xubilouse en 1961. Tempo despois o colexio Sal Lence pechou e acabouse derrubando o edificio. Ante a presión urbanística e demográfica que soportaba o barrio, nos anos 80, a Asociación Veciñal dos Castros reivindicou que se construise un novo colexio no mesmo solar creándose o actual CEIP Sal Lence, que conserva o nome e a ubicación do orixinal.

Vales Villamarín nos seus primeiros anos nos Castros. FOTO: Cuaderno Festas

CRONOLOXÍA
· 1918 O profesor Vales Villamarín é destinado á escola en Casablanca
· 1940 O médico Sal Lence cede un terreo e edificio para habilitar unha escola
· 1961 O mestre Vales Villamarín xubilase e adícaselle unha rúa no barrio

LOCALIZACIÓN
Como chegar