PRAIA DO LAZARETO

En 1586 Sir Francis Drake desembarcou na praia de Oza para asediar a cidade da Coruña. Esa praia, chamada despois do lazareto, xa non existe, desapareceu en 1969, cando se construiron os Varaderos Chas. A praia quedou reducida a unha cala de rochas na que en 1990 faríanse novos novos varadoiros. Uns anos máis tarde, o barrio recuperou a praia coa creación da actual Praia de Oza, un areal artificial entre dous diques.

praia-do-lazareto_pantasmas-de-oza_01-2

O acceso á praia abríase a determinadas horas. FOTO: Alberto Martí

A antiga praia de Oza ocupaba a liña de costa entre a capela de Santa María de Oza e Punta Filgueira, onde a finais do século XIX se construiu un lazareto para someter a cuarentena ós viaxeiros e mercancías que viñan de Indias. De aí que se recorde como a Praia do Lazareto. Coa marea baixa, o areal chegaba ata o lazareto limpo, onde se trataban ós pacientes menos graves e que foi construido sobre o antigo fortín de Oza, onde agora está o faro. Entre ambos lazaretos, o limpo e o luxo, había unha ponte de ferro para garantizar o aillamento.

A praia do Lazareto coa capela no lateral. FOTO: Alberto Martí

A principios do século XX o lazareto convertiuse no Sanatorio Marítimo de Oza cun pavillón de colonias para nenos con doenzas respiratorias ou de familias humildes. Así que as colonias e a veciñanza tiñan que repartirse o uso da praia e estableceron un horario. Os veciños agardaban xunto o muro da vía do tren ata que se abría a porta de acceso á praia, arredor das catro da tarde. Consérvanse aínda parte do muro e as portas pero xunto a elas xa non hai area, se non asfalto.

CRONOLOXÍA
· 1589 Desembarco de Drake na desaparecida Praia de Oza
· 1889 Comezan a funcionar os lazaretos luxo e limpo
· 1910 Inaugúrase o sanatorio Marítimo de Oza
· 1931 Os veciños acordan un horario co Sanatorio para utilizar a praia
· 1966 Autorízase a construcción dos Varaderos Chas
· 1990 Desaparecen os últimos restos da antiga praia
· 1994 Inaugúrase a actual Praia de Oza

LOCALIZACIÓN
Como chegar