Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
O barrio demanda máis prazas en centros de día.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos demandando prazas en centros de día para persoas maiores.
Veciñanza dos Castros está achegando queixas á nosa asociación que confirman que o xeito de realizar as descargas,, provocan novamente problemas de saúde a moitos veciños e veciñas.
Ante a apertura do prazo para solicitar praza nas escolas infantís, volve a poñerse de actualidade a lista de espera para as escolas infantís públicas da Coruña, amosando unha vez máis a necesidade de máis prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Moitas familias quedan sen praza no ensino público véndose obrigadas a acceder ao ensino privado.
Dende a asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros, temos que volver a denunciar o estado de abandono no que se atopa o edificio sito na Avenida de Oza 152, catalogado co NIVEL DE PROTECCIÓN III (protección estrutural) na ficha Nº 49 do vixente Listado de Elementos Catalogados.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros , queremos denunciar unha serie de deficiencias, en materia de mobilidade e accesibilidade para persoa con mobilidade reducida. Tal e como temos denunciado en moitas ocasións, no noso Barrio hai numerosas rúa con barreiras arquitectónicas polo que temos solicitamos ao concello e eliminación de ditas deficiencias e o cumprimento da lei de accesibilidade da comunidade Autónoma de Galiza:
Dende hai varios anos, moitos veciños que viven nas inmediacións da Avenida dos Caídos sinálannos a dificultade que lles supón subila a costa no tramo que vai dende a Avenida do Exército ata a Rúa de Antonio Ríos debido á forte pendente (15% de pendente no primeiro tramo e un 10% no terceiro tramo) e á gran lonxitude desta.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar e denunciar o estado no que se atopa a rúa Carballo na esquina coa Ronda de Outeiro as veciñas e os veciños do barrio volveron poñerse en contacto co noso colectivo para trasladar as queixas sobre o estado no que se mantén esa parte da rúa, sen urbanizar, chea de maleza e con grandes fochancas.
A Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros, ante as queixas dos veciños e veciñas da rúa do Montiño, sobre o lamentable estado no que se atopa, instamos ao concello para que actúe dándolle solución a diversos problemas: