Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

A próxima semana comeza na Biblioteca Fórum o Ciclo "Educación nas marxes". Busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Este ciclo de conversas busca sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades. 

A asociación veciñal organiza unha exposición de Fotográfica enmarcada dentro das actividades do proxecto Mulleres Na Rúa
" Queremos ser libres "
A Exposición será no 17 de outubro 2022 ao 24 de outubro 2022
 
 A presentación terá lugar o luns 17 de outubro 2022 ás 20h no Forum Metropolitano

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario de obradoiros de divulgación científica do proxecto Mulleres na Rúa

Este proxecto de igualdade está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña

 

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver diferentes proxectos para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio. É por iso que este ano está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres científicas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.

Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza o próximo luns 26 de setembro  ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un obradoiro  que correrá a cargo de Vanessa Vadiglesias García, experta en toxicoloxía xenética e nanotecnoloxía e investigadora da UDC, que falará dos mitos na investigación das biólogas españolas e en concreto da investigación en toxicoloxía xenética.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030   vai proxectar o documentário: MANUAL DE USO DE UNA NAVE ESPACIAL .
No Forum Metropolitano o 3 de outubro as 19:30.
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
 

Este ano o Concello da Coruña pon de novo en marcha os Orzamentos Participativos. É a sexta edición deste programa, que permite ás veciñas e os veciños da Coruña decidir en que investir unha parte do orzamento municipal.

A Asociación veciñal  dentro do proxecto Barrios 2030 que está a realizar en colaboración co Concello da Coruña, realizará un encontro participativo no Faro de Oza o vindeiro luns 19 de setembro ás 19:00h onde o CEIDA formaranos sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible falando de C lixo mariño e posteriormente os veciños/as do barrio teremos a oportunidade de pensar en grupo e cocrear novas ideas sobre o noso barrio e como melloralo.

Xa comezaba  as actividades  Música Tradicional as clases  se impartiran no local da Asociación  .

Os Horarios  son :

Gaita

Luns  de 16 a 18 horas

Mércores  de 18 :30  a 20 :30  horas

Pandeireta

Martes de 19 a  21  horas

Venres de 11 a 12 horas

Pandeiro

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario do mes de setembro do proxecto Barrios 2030

A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario do mes de setembro do proxecto Barrios 2030

Este proxecto de carácter divulgativo e participativo está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña

Zumba en OZA as clases seran os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas. Informate no numero: 653 66 47 04. Apuntate xa as prazas son limitadas

Na Asociación veciñal vamos a ter clases de Zumba en OZA as clases seran os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas. Informate no numero: 653 66 47 04. Apuntate xa as prazas son limitadas

Páxinas